|
O Concello
O Municipio
Qué visitar
Perfil do Contratante
Outros
Servizos ó cidadán
|
Gastronomía
A gastronomía no Concello de Vilasantar presenta como pratos típicos os derivados do porco: xamón, chourizos…e outros embutidos elaborados do xeito tradicional. Pero o produto estrela é sen dúbida o queixo, mercede a integración deste municipio na Denominación de Orixe Queixo Arzúa-Ulloa.
DENOMINACIÓN DE ORIXE QUEIXO ARZÚA-ULLOAEste queixo ten a denominación de orixe desde o ano 1995, e comprende as comarcas de Arzúa, Ulloa, ademáis doutros concellos próximos. A denominación de orixe Arzúa-Ulloa reflicte unha garantía para o consumidor de que o queixo foi sometido a rigurosos controles de calidade, e por outra banda, garante que foi elaborado con leite propia da zona. Tipos de queixo: Queixo Arzúa-Ulloa e Queixo Arzúa-Ulloa de Granxa :
Caracterízase pola súa forma lenticular ou cilíndrica. A súa codia, fina e elástica, de cor amarela, brillante, limpa e lisa. Elaborado con leite pasteurizado, o periodo de maduración mínimo é de seis días. O seu diámetro está comprendido entre 100 e 250 mm, e o peso das pezas oscila entre 0,5 e 3,5 Kg. O seu aroma lácteo, lembra o da manteiga, e do yogur, con matices de vainilla, nata e noz. O sabor é lixeiramente salgado e de acidez media ou baixa.
Queixo Arzúa-Ulloa Curado:
Elaborado con leite de vaca cru ou pasteurizado, o periodo de maduración mínimo é de catro meses. De forma lenticular ou cilíndrica, o seu diámetro está comprendido entre 120 e 200 mm, e o peso das pezas oscila entre 0,5 e2,5 kg. Teñen coida de cor armarela moi intensa , brilante e de aspecto graxo. O seu aroma é moi intenso, cun forte ollor a manteiga lixeramente rancia. Sabor salgado, de baixa acidez e amargor medio.
Sede do Consello Regulador da D.O. Arzúa-Ulloa:
Ronda de Pontevedra, 30-1E 15800- Melide- A Coruña- Tfno: 981 507 653 Fax: 981 507 653 |
