|
O Concello
O Municipio
Qué visitar
Perfil do Contratante
Outros
Servizos ó cidadán
|
Novas
PUBLICACIÓN DAS BASES PARA A SELECCIÓN DE TÉCNICO DE APOIO AO ESTUDO
O Concello de Vilasantar publica as bases para a selección de persoal laboral temporal na función de técnico/a de apoio ao estudo. Ábrese un prazo de cinco días (8-13 de febreiro) para presentar a solicitude.
Persoal laboral temporal Bases xerais para a selección de técnico/a de apoio ao estudo como persoal laboral temporal Obxecto O obxecto das presentes bases é a regulación do procedemento de selección e contratación dunha persoa que realice actividades de apoio e animación a nenos/as. Será contratada como persoal laboral en réxime temporal polo Concello de Vilasantar. Esta actividade é un servizo puntual que o Concello de Vilasantar pon en marcha dentro do Plan de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres financiado pola Deputación da Coruña ou pola Xunta de Galicia para contribuír a que as mulleres dispoñan de tempo para poder participar activamente na vida social e laboral. 1. Funcións e tarefas obxecto dos aspirantes. A praza denomínase Técnico/a de apoio ao estudo con nenos. Consiste o seu traballo no desenvolvemento do seguinte tipo de actividades: -Programar e realizar accións para o apoio ao estudo. -Animación á lectura. -Animación do tempo libre. As actividades estarán dirixidas a nenos de entre tres e doce anos. A persoa que ocupe a praza realizará as súas funcións durante a xornada completa de luns a venres. 2. Requisitos xerais e específicos dos aspirantes. Para a admisión dos aspirantes será necesario cumprir os seguintes requisitos: Requisitos xerais a) Ser español ou cidadán membro dun estado da Unión Europea nos termos da Lei 17/1993, do 23 de decembro b) Ter cumprido os 18 anos de idade. c) Estar en posesión dunha licenciatura ou diplomatura d) Non padecer enfermidade ou deficiencia física que impida o desempeño das funcións que se van desenvolver. e) Non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera administración pública ou estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. Requisitos específicos a) Teranse en conta os cursos relacionados co posto que se vai desempeñar segundo o baremo de selección que se sinala máis abaixo. b) Ter carné de conducir e dispoñibilidade de desprazamento. c) Experiencia en posto similar 3. Tipo e duración dos contratos A duración do contrato será desde o día 18 de febreiro de 2010 e terá carácter temporal ata a finalización do curso académico actual, estando, por tanto, a súa duración directamente relacionada coa existencia de subvención necesaria para o seu funcionamento concedida para o programa de técnicas de apoio ao estudo pola Deputación da Coruña, así como pola Xunta de Galicia. Polo tanto trátase dun contrato temporal polo prazo antes mencionado. Realizarase unha listaxe de reserva laboral entre as persoas que acaden cando menos a metade da puntuación máxima posíbel e por estrita orde de puntuación, para cubrir futuras baixas e vacacións desta mesma praza ou para novos contratos derivados de novos programas da mesma natureza. Neste último caso, a persoa contratada será a primeira da lista para futuras contratacións para este mesmo servizo ou para un similar. Para o funcionamento desta lista de reserva laboral realizaranse unhas bases. 4. Retribucións mensuais brutas. A retribución mensual bruta, incluída a parte proporcional das pagas extras será de 1245,88 euros mes/bruto, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias. 5. Tipo de contrato Contrato temporal polo prazo antes mencionado 6. Criterios para a selección de candidatos/as Para a selección dos/as candidatos terase en conta o currículo, que sumará un máximo de 5 puntos. Haberá tamén unha entevista persoal, co obxecto de valorar a adecuación dos/as aspirantes ao posto de traballo. A entrevista terá un valor total de 3 puntos, segundo o baremos que se especifica máis abaixo. A) Currículo. Puntuado ata un máximo de 5 puntos. Valoraranse os cursos e a experiencia en postos similares. a) Cursos relaccionados co posto que se vai desenvolver (ata un máximo de dous puntos) -De 200 horas ou máis: 0,5 puntos por cada curso ata un máximo de 1 punto. -De menos de 200 horas: 0,25 puntos por cada curso ata un máximo de 1 punto. No caso de sobrepasar a puntuación reservada a cursos de 200 horas ou máis, consideraranse como de menos de 200 horas e poderán computar neste grupo. b) Cursos de lingua galega validados pola Xunta de Galicia. -Iniciación: 1 punto. -Perfeccionamento: 2 puntos No caso de ter os dous cursos só se valorará o de puntuación máis alta (2 puntos) c) Experiencia profesional, ata un máximo de 1 punto. -Por cada mes traballado en postos similares 0,25 puntos ata un máximo de 1 punto. B) Entrevista persoal. Puntúa ata un máximo de 3 puntos. As preguntas versarán sobre as funcións que require a praza. Realizaranse tres preguntas ao respecto. Cada resposta correcta sumará un punto como máximo. Valorarase a fluidez no galego oral. 7 Sistema de publicidade da convocatoria. Anuncio no taboleiro de anuncios do Concello e nos lugares de costume cunha antelación mínima de cinco días naturais ao remate do prazo de presentación das solicitudes. Os actos posteriores ao procedemento serán publicados tamén no taboleiro de anuncios do Concello adamais de enviar unha notificación persoal a cada candidato/a. 8 Instancias. Os aspirantes deberán presentar unha solicitude na que consten os seguintes datos: a) Datos e circunstancias persoais: -Apelidos e nome -DNI -Enderezo -Teléfono b) Datos académicos Diploma ou certificación de cursos: denominación e duración. c) Experiencia profesional Data de inicio e remate do contato. Documentación que acompañará a solicitude: -Fotocopia do DNI -Outros xustificantes do currículo (títulos, cursos, contratos..) Todos os documentos que se presenten deberán ser orixinais ou fotocopias compulsadas. Os méritos alegados non xustificados documentalmente non serán tidos en conta. A convocatoria, bases e todos os actos administrativos derivados da mesma serán recorribles nos termos previstos na Lei 30/92 do 26 de novembro de réxime xurídico das Administracións Públicas e de procedemento administrativo común, así como na Lei de xurisdición contencioso-administrativa. As solicitudes que non reúnan os requisitos ou non acompañen os documentos esixidos, terán un prazo de 10 días para emendar as deficiencias. De non facelo serán rexeitadas. 9 Admisión de candidatos A lista provisional de candidatos/as admitidos e excluídos aprovarase por resolución da alcaldía e publicarase no taboleiro de anuncios do Concello por un prazo mínimo de dez días, para os efectos de presentación de reclemacións, elevándose automaticamente a definitiva no caso de que non se presente ningunha. 10 Seleción A comisión de selección dos aspirantes estará integrada da seguinte maneira: Presidenta Traballadora Social do Concello, Montserrat Varela Vázquez. Suplente persoa en quen delegue. Vocais -Traballador do Servizo de Normalización Lingüística, Paulo Carballada Rodríguez. Suplente a persoa en quen delegue. -Traballadora Técnica de Emprego, Lourdes García Sánchez. Suplente persoa en quen delegue. -Traballadora de Educación Familiar, Ana Belén Vázquez Garea. Suplente persoa en quen delegue. A comisión reunirase para a valoración de méritos e realización da entrevista. Determinará o/a candidato/a seleccionado/a por aplicación dos criterios fixados na convocatoria e proporalle á señora alcaldesa o seu nomeamento. 11 Formalización do contrato Será competencia da Sra. Alcaldesa-presidenta a formalización do contrato laboral co/coa aspirante seleccionado/a , o/a cal deberá incorporarse ao seu posto de traballo no prazo máximo de cinco días desde que sexa requirido/a para iso. O contrato axustarase a algunha das modalidades previstas na lexislación laboral determinada no procedemento de contratación. Nel recolleranse as funcións que desenvolverá o/a traballador/a, as retribucións que lle corresponden e o prazo máximo de duración. 12 Normas de aplicación Para o non previsto nestas bases, será de aplicación a Lei 7/85 do 2 de abril, o o Real Decreto 369/1995, do 10 de marzo, así como cantas normas de igual ou superior rango referidas á función pública se diten. Dado o carácter administrativo dos actos que o integran, o procedemento de selección fiscalizarase pola xurisdición contencioso-administrativa. En canto ao réxime xurídico do contrato será o da lexislación laboral, correspondendo ao Xulgado do Social o coñecemento das cuestións que se deriven do seu cumprimento. Vilasantar, 4 de febreiro de 2010 |
