MONTAÑA CORUÑESA, un alto no camiño
Montaña Coruñesa é a marca escollida para promocionar conxuntamente os recursos turísticos de Curtis, Sobrado e Vilasantar. O luns 5 de outono presentase o primeiro material promocional, que divulga os puntos de interese cultural, paisaxísistico e gastronómico do antigo Condado de Présaras.

O material elaborado para promocionar a marca "Montaña Coruñesa" está a disposición de quen o desexe nas oficinas do Concello de Vilasantar. Os materiais editados recollen festexos, elementos de interese cultural e paisaxísticos e referentes gastronómicos destes tres concellos que conforman unha unidade paisaxística e vital desde a antigüidade.