Novas

imagen

O Concello de Vilasantar aproba o Manifesto a favor do Software Libre

A Asociación de Usuarios de GNIX (AGNIX) informa que o Concello de Vilasantar (A Coruña) é o primeiro municipio galego que aproba formalmente o "Manifesto a favor do Software Libre e formatos abertos ás administracións locais de Galiza

fotoUN DOCUMENTO QUE SIGUE AS PROPOSTAS DO PEGSI

 

O Concello de Vilasantar aproba o Manifesto a favor do Software Libre

 

17/09/2007 A Asociación de Usuarios de GNIX (AGNIX) informa que o Concello de Vilasantar (A Coruña) é o primeiro municipio galego que aproba formalmente o "Manifesto a favor do Software Libre e formatos abertos ás administracións locais de Galiza", documento elaborado de acordo coas indicacións do PEGSI sobre o uso dos programas de código aberto nas administracións públicas.

 

 

AGNIX remitiu este manifesto o pasado verán aos 315 concellos do país para promocionar o uso do código aberto nas oficinas públicas. O Manifesto, de acordo co PEGSI, sinala as vantaxes que o software libre pode aportar aos concellos, como unha maior transparencia e interoperabilidade no uso das ferramentas informáticas.

En concreto, a liña operativa IeCA-LA1 - Interoperabilidade e estándares abertos indica que "o desenvolvemento dos servizos galegos de goberno electrónico que garantan a súa interoperabilidade baseándose no uso de estándares abertos significa non só encetar unha aplicación das políticas públicas coherente co noso contexto europeo, senón tamén asumir a responsabilidade que a Administración galega ten para manter e protexer o principio de transparencia e igualdade de oportunidades na contratación pública de produtos e servizos baseados nas TIC, para evitar a dependencia do coñecemento dun provedor externo, así coma a seguridade, integridade e privacidade dos datos que xestiona".

Por outra banda, o texto completo do Manifesto pode consultarse na sección de opinión deste portal.


junta