|
O Concello
O Municipio
Qué visitar
Perfil do Contratante
Outros
Servizos ó cidadán
|
Novas
Piscina municipalCo verán e as vacacións escolares abre a piscina municipal. A primeira semana será de portas abertas. Bono para todo o verán desde 4 €. PERMANECERÁ ABERTA A PRIMEIRA QUINCENA DE SETEMBRO A piscina municipal abre as súas portas este verán co comezo do mes de xullo. Poderase asistir de balde durante a primeira semana de xullo. Permanecerá aberta en horario de 12:00-20:00 todo o mes, agosto, e segundo a climatoloxía podería abrir tamén a primeira quincena de setembro. A piscina municipal está situada na pista da Fraga de Présaras. Hai indicadores desde a estrada C-540 entre Vilasantar e Présaras. Desenvolveranse actividades relacionadas con tres ámbitos: -ámbito da saúde -ámbito da recreación-ocio -ámbito das actividades físicas dirixidas Entre elas, haberá cursos e práctica da natación para diferentes grupos de idade e niveis; xogos, outros deportes... A instalación conta con vestiarios, servizo de socorrismo, bar. A Biblioteca de Vilasantar levará material (libros, revistas) a disposición dos usuarios. Prezos Os bonos de asistencia poderanse retirar alí. Bono día: 3 €. Bono todo verán: -4 € (persoas censadas en Vilasantar) -12 € (persoas non censadas) Os menores de oito anos deberán estar acompañados. Existen outras medidas de comportamento e hixiene que se notificarán aos usuarios. |
