Novas

imagen

Axudas rehabilitación de vivendas

Subvencións a fondo perdido para a rehabilitación e renovación de vivendas no medio rural

fotoSubvencións a fondo perdido para a rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural.

Decreto 157/2006 do 7 de setembro (DOG núm. 181, 19 de setembro de 2006)
Orde do 27 de maio de 2008 (DOG núm. 107, 4 de xuño de 2008)

Requisitos

-Vivendas unifamiliares rurais de 15 anos ou máis de antigüidade para rehabilitación e 20 anos ou máis para renovación.
-Poden solicitar as axudas: propietarios, usufrutuarios ou inquilinos para uso propio ou aluguer, que obteñan uns ingresos familiares ponderados que non excedan de 3.5 veces o IPREM.
-Estar en posesión da cédula de rehabilitación de calidade concedida nos dous anos anteriores ao momento de presentación da solicitude ou ben da resolución de conformidade da cédula de rehabilitación.

Documentación.

-Fotocopia compulsada do DNI da persoa solicitante.
-Fotocopia da cédula de rehabilitación de calidade ou ben fotocopia da resolución de conformidade coas actuacións propostas para a obtención da cédula de rehabilitación de calidade.
-Declaración de conxunto de todas as subvencións.
-Certificado da titularidade da conta bancaria.
-Fotocopia compulsada da Declaración da renda, IRPF ou autorización de consulta á Consellería de Vivenda e Solo.
-Acreditación da composición da unidade familiar.

Prazo de solicitudes.

O prazo de solicitudes neste ano remata o 30 de setembro de 2008.

Máis información nos Servizos Sociais do Concello de Vilasantar.

junta