|
O Concello
O Municipio
Qué visitar
Perfil do Contratante
Outros
Servizos ó cidadán
|
Novas
Concurso Literario
Concurso "A túa mellor cara" organizado con motivo das Letras Galegas 2008
Biblioteca de Vilasantar. “Amosa a túa mellor cara”. Participa no concurso enviando unha composición breve (como máximo un folio por unha cara) de tema libre en lingua galega. Todos/as os/as participantes recibirán un agasallo. Bases do concurso. 1. A extensión máxima dos traballos presentados ocupará a cara dun folio de tamaño normal (A4). O tema é libre e deberán estar redactados en lingua galega. 2. Establécense a seguintes categorías: A) ata 10 anos. B) de 10 a 14 anos. C) de 14 a 18 anos. D) maiores de 18 anos. 3. Xunto cos traballos presentados ao concurso, deberase entregar outra folla cos seguintes datos: título ou primeira liña da composición, nome e apelidos do autor/a, categoría na que participa, enderezo e número de teléfono. 4. A entrega de traballos efectuarase antes do 10 de maio de 2008 na Biblioteca de Vilasantar, Casa do Concello, Ru, s/n, Vilasantar. Tamén no enderezo electrónico biblioteca@vilasantar.com 5. O xurado, designado polo Concello de Vilasantar, escollerá un gañador por categoría. Os gañadores das categorías A e B recibirán como premio unha consola Nintendo NS, e os das categorías C e D un ordenador portátil. Todos/as os/as participantes recibirán un agasallo. 6. O acto público de entrega de premios terá lugar o venres 16 de maio de 2008, na semana das Letras Galegas, ás 18.00 h., no Local Social de Vilasantar. O grupo Titirimaxia representará o espectáculo de maxia Ilusións 2.0. |
