Novas

imagen

Programa de habilidades sociais para alumnos/as de 5º e 6º de E.P.O

Programa para dotar aos mozos/as de competencias e habilidades sociais.

foto-Programa de habilidades sociais para alumnos/as de 5º e 6º de E.P.O Asociación para a Prevención e Intervención Psicolóxica Chisem Durante os meses de abril e maio, desenvólvese no CEIP de Présaras (Vilasantar) o “Programa de Habilidades Sociais” para alumnos/as de 5º e 6º de EPO. Será levado a cabo polos/as profesionais da Asociación para a Prevención e Intervención Psicolóxica Chisem. A posta en práctica deste programa é posíbel grazas á colaboración da Obra Social Fundación La Caixa e á coordinación entre a Asociación, o Concello e o Centro Educativo. A asociación Chisem ven realizando este programa dende o ano 2001 de maneira ininterrompida en distintos centros educativos. Cada ano súmanse a esta experiencia novos centros de diferentes concellos. O que se pretende é dotar os rapaces/as dunha serie de competencias sociais que os fagan menos vulnerables no contexto social, máis capaces de responder á presión de grupo e máis hábiles para relacionarse satisfactoriamente cos demais. Foméntase o achegamento e a comunicación entre os iguais, entre os membros da familia...etc baixo o prisma do respecto polo outro e por un mesmo. Altamente valorado por pais e nais, profesorado, profesionais e alumnado, o programa ten un dinamismo moi acorde coas idades dos rapaces/as, e introduce na dinámica das clases novos contidos e novas estratexias de aprendizaxe.

junta