Novas da categoría
24-08-2010
O CONCELLO CREA UNHA SALA DE INFORMÁTICA EN PRÉSARAS

Dotada de seis equipos informáticos e conexión sen fíos a Internet para equipos portátiles, a Aula de Informática de Présaras abre no primeiro andar do Local Social (antiga Cámara Agraria). Nunha primeira fase, a aula permanecerá aberta de 12:00 a 14:00 de luns a venres. Neste horario, que se manterá ata o dez de setembro, os veciños/as interesados/as poderán ir coñecer a aula e darse de alta como usuarios/as.
20-08-2010
A WEB DO CONCELLO RENOVA A SÚA IMAXE
Con esta renovación mellorase a accesibilidade aos contidos e ofrécese un aspecto máis coidado da organización.
A importancia de Internet como ferramenta de comunicación e acceso a servizos fai que sexa imprescindíbel traballar neste eido para satisfacer as demandas da cidadanía.
29-06-2010
A PISCINA DO CONCELLO COMEZA A TEMPORADA DE VERÁN

Permanecerá aberta, ata o mes de setembro, todos os da semana a partir do 1 de xullo.
28-06-2010
OBRADOIRO DE CONVERSACIÓN EN INGLÉS

Obradoiro para exercitar as destrezas comunicativas en inglés a partir de coñecementos elementais. Para todas idades.
25-06-2010
COMEZAN AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS VIVEOVERÁN 2010
No programa deste ano destaca a realización dun campamento de aventura polas Fragas do Eume e a terceira edición do Campionato Interparroquial de Fútbol Sala.
16-10-2009
O CONCELLO DE VILASANTAR apoia a plataforma QUEREMOS GALEGO!

Integrada por institucións, asociacións e persoas de toda Galiza, convoca unha manifestación o 18 de outubro en Compostela esixindo á Xunta o respecto pola legalidade vixente en materia lingüística e o freo dos ataques ao galego por parte do goberno.