Actualidade

imagen



imagen2

O Concello coruñés de Vilasantar ubícase na Comarca de Betanzos. Conta cunha superficie de 59,4 qm², e distribúe os seus 1.574 en sete parroquias.

O municipio de Vilasantar ocupa a conca de curso alto do río Cabalar, afluente do Tambre, nunha zona de montaña entre os lugares de Curtis e Cesuras ao norte, Sobrado ao leste, Boimorto e Sobrado ao sur e Mesía ao oeste.
A estrada comarcal C-540, de Betanzos a Arzúa e Melide, atravesa o municipio de norte a sur. Outra vía de comunicación importante que toca o concello no seu extremo noroccidental é a N-634.
O relevo do concello é suavemente ondulado, cunha altitude que oscila entre os 450 e os 550 metros sobre o nivel do mar. As terras máis baixas están cara ao sur, por onde discorre o río Tambre. O clima é de transición entre o oceánico das zonas costeiras e o continental do interior, sen temperaturas extremas. Durante o inverno hai abundantes precipitacións.
As superficies de cultivo son relativamente poucas, a pesares da abundancia de regatos que percorren o municipio. O río Tambre constiúe a principal conca fluvial do concello, cos seus afluentes: Muíños e Cabalar, sendo a pesca un dos alicientes destes ríos, ademáis da beleza das paisaxe se da rica vexetación na súas beiras.

A base da economía en Vilasantar céntrase na agricultura e sobre todo na gandaría que cobrou grande importancia nos últimos anos. A esto sen dúbida contribúiu a concentración parcelaria que se realizou no concello, permitindo a modernización das tarefas agrícolas.
En canto ó resto de actividades económicas, hai que destaca-la queixería de Présaras, a piscifactoría, unha fábrica de derivados da madeira, cooperativas textís, talleres e pequenas empresas de construcción.

O concello augura unha modernización con novas alternativas perfectamente viables na zona e que aseguran un futuro cheo de esperanza.

O turismo rural, a agricultura ecolóxica, a revalorización dos produtos artesanais, atopan aquí un medio inmellorable e prometen se-las alternativas que impulsarán a Vilasantar a convertirse nun concello líder nun futuro non moi lonxano.


junta