Ordenanza nº 7

 

Taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial constituído no solo, subsolo e voo das vías públicas municipais

 

Artigo 1º.- Concepto

 

De acordo co previsto no artigo 20 da lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, na nova redacción dada polo artigo 66 da Lei 25/1998, do 31 de xullo, este concello establece a taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial constituído no solo, subsolo e voo das vías públicas municipais, que se rexerá pola presente ordenanza.

 

Artigo 2º.-Obrigados ao pago

 

Están obrigados ao pago da taxa regulada nesta ordenanza  as persoas ou entidades ás que se outorgasen licencias, ou quen se beneficie do aproveitamento de procederse sen a oportuna autorización.

 

Artigo 3º.- Contía

 

1.- A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado 3  deste mesmo artigo.

 

2.-A)  Non obstante ó disposto no artigo anterior, para as empresas explotadoras de servicios de subministros que afecten á xeneralidade ou a unha parte importante do vecindario, a cuantía da taxa pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local regulada nesta Ordenanza consistirá, en todo cado e sen excepción algunha, no 1,5% dos ingresos brutos procedentes da facturación que obteñan anualmente neste termo municipal ditas empresas.

 

As taxas pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local que teñan que satisface-las empresas explotadoras de servicios de subministros, conforme ó disposto no párrafo anterior, son compatibles couas que proceda esixir a ditas empresas pola prestación de servicios ou a realización de actividades de competencia local.

 

B) A efectos do disposto no número anterior, terán a consideración de ingresos brutos procedentes da facturación obtida anualmente no termo municipal polas empresas explotadoras de servicios de subministros, os obtidos en dito período polas mesmas como consecuencia dos subministros realizados ós usuarios incluíndo os procedentes do aluguer, posta en marcha, conservación, modificación, conexión e sustitución dos contadores, equipos ou innstalacións propiedade das empresas ou dos usuarios, utilizados na prestación dos referidos servicios e, en xeral, todos aqueles ingresos que procedan da  facturación realizada por servicios derivados da actividade propia da empresa subministradora.

Non se incluirán no concepto de ingresos brutos procedentes da facturación os impostos indirectos que os graven.

 

C) Non terán a consideración de ingresos brutos procedentes da facturación os seguintes conceptos:

                                                                                                             

        As subvencións de explotación ou de capital, tanto públicas como privadas, que as empresas subministradoras poidan recibir.

        As cantidades que poidan recibir por doazón, herencia ou por calquera outro título lucrativo.

        As indemnizacións esixidas por danos e perxuizos salvo que foran compensación ou contraprestación por cantidades non cobradas que tiveran que incluirse nos ingresos brutos definidosno apartado 1 deste artigo.

        Os productos financieiros, tales como dividendos, intereses e calelsqueira outros de análoga natureza.

        Os traballos realizados pola empresa para o seu inmovilizado.

        O maior valor dos seus activos como consecuencia das regulacións que realicen dos seus balances, ó amparo de calesqueira normas que poidan citarse.

        As cantidades procedentes da enaxenación de bens e dereitos que formen parte do su patrimonio.

        Os demáis ingresos procedentes de conceptos distintos dos previstos no apartado 2 deste mesmo artigo.

 

D) Os ingresos a que se refire o apartatdo 2 do presente artigo se minorarán exclusivamente en:

        As partidas incobrables e os saldos de dibudoso cobro, determinados de acordo, co disposto na normativa reguladora do Imposto sobre Sociedades.

        As partidas correspondentes a importes indebidamente facturados por erro e que foran obxecto de anulación ou rectificación.

 

E) A cuantía desta taxa que poidera corresponder a Telefónica de España. S.A. está englobada na compensación en metálico de periodicidade anual a que se refire o apartado 1 do artigo 4º da lei 15/1987, de 30 de xullo (Disposición Adicional Oitava da Lei 39/1988 de 28 de decembro).

 

3.- As tarifas da taxa serán as seguintes:

 

Tarifa 1.-

 

      1.- Palomillas ou rieles para o sostén de cables. Por unidade ao ano                           50.

      2.- Transformadores. Por cada m2 ou fracción                                                       2.000.

      3.- Caixas de amarre, distribución e rexistro, cada unha ao ano                                200.

      4.- Cables colocados na vía pública ou terreos de uso público.

                  Por cada metro lineal ou fracción ao ano                                                           5.

      5.- Ocupación da vía pública por tubaria. Por cada metro ou fracción                          10.

      6.- Postes, por unidade e ano                                                                                    100.

 

Tarifa 2.-

      1.- por cada báscula, cabina fotográfica, máquina xerocopia, aparellos ou máquinas de venda de expedición automática de calquera producto ou servicio, incluídos os surtidores de gasolina e análogos, por metro cadrado ou fracción ao ano                   2.700.

 

Tarifa 3.-

      1.- Por cada grúa utilizada na construcción que ocupe o solo ou voo da vía pública co seu brazo ou pluma, por metro cadrado ou fracción e día                                  2.700.

 

Tarifa 4

      1.- Elementos constructivos pechados, por cada m. ou fracción de fachada              200

      2.- Terrazas, miradoiros, balcóns, por cada m. ou fracción de fachada                     200

      3.- Marquesiñas, toldos e outras instalacións, por m2 ou fracción                            1.350

      4.- De tocarse o solo con calquera destes elementos, aplicarase o duplo da taxa.

 

Tarifa 5

1    Outras instalacións distintas ás incluídas nas tarifas anteriores

                  Por cada m2  de solo                                                                                 2.700

                  Por cada m2 de subsolo ou voo                         1.350.

 

Artigo 5º.-Normas de xestión

 

1.- As cantidades esixibles segundo ás tarifas liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreducibles polo períodos de tempo sinalados nos correspondentes epígrafes.

 

2.- As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos  regulados nesta ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licencia e realizar o depósito previo a que se refire o artigo seguinte.

 

3.- Unha vez autorizada a ocupación, se non se determinou con exactitude a duración do aproveitamento, entenderase prorrogado mentres non se presente declaración de baixa polo interesado.

 

4.- A presentación da baixa surtirá efectos a partir do día primeiro do período natural de tempo sinalado nos epígrafes das tarifas. A non presentación da baixa determinará a obrigación de continuar abonado a taxa.

 

Artigo 6º.-Obrigación de pago

 

1.- A obrigación de pago da taxa regulada nesta ordenanza nace:

 

a) Tratándose de concesión de novos aproveitamentos da vía pública, no momento de solicitar a correspondente licencia.

 

b)  Tratándose de concesión de aproveitamentos da vía pública xa autorizados e prorrogados, o día 1º de cada un dos períodos naturais de tempo sinalados na tarifa.

 

2.- O pago da taxa realizarase:

 

a)  Tratándose de concesión de novos aproveitamentos por ingreso directo na tesourería municipal ou onde fixe o concello, pero sempre antes de retirar a correspondente licencia

 

Este ingreso terá a consideración de depósito previo, de conformidade co establecido no artigo 47.1 da Lei 39/1998, do 28 de decembro, quedando elevado a definitivo de concedérense a licencia.

 

b)  Tratándose de concesión de  aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, unha vez incluídos nos padróns ou matriculas desta taxa, polos períodos que establezan  e nas datas que así mesmo se sinalen.

 

Artigo 7º: Infraccións e sancións:

 

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponda en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

 

Disposición final

 

A presente ordenanza reguladora, que consta de 7 artigos e unha disposición final, comezará a rexer despois de aprobada polo pleno e publicada integramente no BOP. A entrada en vigor producirase o día seguinte da publicación  mantendo a vixencia ata que sexa derrogada ou modificada por acordo municipal ou por disposicións legais de rango superior.

 

                        O alcalde                     O secretario