ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLOS
SERVICIOS OFERTADOS NA VIVENDA COMUNITARIA (BOP 264 de
17-11-2003)
Artigo 1.º .-Concepto.
1. De acordo co disposto no artigo 117, en
relación co artigo 41, ámbolos dous da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora
das facendas locais, na súa nova redacción dada pola Lei 25/1998, do 13 de
xullo, de modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de
reordenación das prestacións patrimoniais de carácter público, este Concello
establece o prezo público polos servicios ofertados na vivenda comunitaria para
persoas maiores.
2. A vivenda contará con 12 prazas para estancia
en réxime interno.
Artigo 2.º .-Suxeitos obrigados ó
pagamento.
1. Son suxeitos obrigados ó pagamento as persoas
físicas usuarios da vivenda comunitaria e que despois de solicita-la admisión
lles sexa prestados os servicios polo persoal técnico deste.
Artigo terceiro.-Actividades
gravadas.
Ó servicio ofertado para as persoas maiores na
vivenda comunitaria consistirá en:
Obrigatorios:
- Administración e recepción de solicitudes.
- Manutención.
- Aloxamento acondicionado.
- Hixiene e lavado de roupa.
- Información e asesoramento.
- Apoio, sanitario.
- Apoio social preciso segundo as necesidades de
cada usuario para as actividades da vida diaria.
Outros servicios: os usuarios poderán seguir
demandando dos servicios sociais de atención primaria, dos médico-sanitarios así
como de calquera outro servicio público ou privado que poida existir fóra da
vivenda e dentro do termo municipal ou fóra. Así mesmo, as persoas aloxadas na
vivenda compartida poderán participar nas actividades que o Concello organiza
para os maiores; (actualmente informática, ximnasia, charlas informativas,
proxeccións de películas de vídeo e viaxes culturais).
Artigo 4.º .-Criterios xerais para fixa-lo
prezo.
O importe do prezo público fixado cubrirá, como
mínimo, o custo dos servicios prestados, podendo sen embargo, fixarse un prezo
público por debaixo do custo ou gratuidade do servicio cando en casos puntuais
algún solicitante viva nunhas condicións sociais e económicas extremas que así o
aconsellen. Estes supostos serán determinados polo pleno a proposta do equipo de
Servicios Sociais do Concello.
As contías serán aprobadas atendendo ás
propostas-memorias económicas e da actividade que presente o equipo de Servicios
Sociais encargados de desenvolve-los servicios.
De non adoptarse actualización expresa do prezo,
este verase incrementado na súa contía segundo o IPC do ano en curso.
Para o cálculo dos ingresos tense en conta a
pensión, outros tipos de ingresos e¡ou rendas que estea percibindo o
solicitante.
Artigo 5.º .-Contía do pagamento.
O prezo público mensual a aboar polos usuarios,
será determinado no acto da concesión do servicio.
1. Prezo para o réxime interno dos usuarios na
vivenda comunitaria:
Para o ano 2003, a contía polo servicio para as
persoas que residan no centro é o 75 por cento da súa pensión, que como mínimo
será de 300,41 euros, para os usuarios con habitación dobre (dato calculado lo
75 por cento da contía da pensión mínima do réxime especial agrario) e de 320,41
euros para os usuarios con habitación individual que se irá incrementando
segundo o IPC do ano correspondente. Aquelas persoas que o 75 por cento da súa
pensión non acade os 300,41 euros ou 320,41 euros, será estimada a súa situación
persoal pola Comisión de Goberno a instancia do informe proporcionado polo
equipo de Servicios Sociais.
Neste prezo irá incluído tanto a estancia como a
manutención na vivenda comunitaria.
2. Os cinco primeiros días de cada mes terán que
notificar ó responsable do centro se se dan de alta ou de baixa en algún destes
servicios.
3. Suposto de facturación de media mensualidade:
ingreso na vivenda comunitaria na segunda quincena do mes e calquera estancia
neste que sexa inferior ou igual a 15 días/mes. No casa de baixa voluntaria
deberá o usuario preavisar ó centro con cinco días de antelación á data de
baixa.
4. No suposto de reserva de praza a
hospitalización/vacacións, etc., nos que se superen os cinco días, descontarase
do prezo mensual total un dous por cento cada cinco días polos servicios non
prestados (manutención, lavado de roupa, etc.). O non pagamento da cantidade
correspondente á reserva de praza, determinará o dereito do centro a ocupala,
salvo xustificación razoable.
5. Así mesmo, ó inicio do seu ingreso depositarase
a cantidade de unha mensualidade en concepto de depósito de fianza.
Artigo 6.º .-Normas de
xestión-pagamento.
1. O pagamento (mediante domiciliación bancaria)
farase efectivo por mensualidades vencidas nos cinco primeiros días do mes
seguinte.
2. Contra o pagamento expedirase o correspondente
recibo/factura por duplicado, un para o expediente individualizado custodiado na
vivenda comunitaria e outro para entregar ó usuario-cliente. Neste detallaranse
os servicios ós que corresponde o pagamento.
Artigo 7.º .-Outras obrigas.
Os usuarios da vivenda comunitaria deberán estar ó
día no pagamento das débedas contraídas co Concello de Vilasantar.
Disposición final:
A presente ordenanza entrará en vigor e comenzará
a aplicarse ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia,
permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación
expresa.
Vilasantar, 7 de xullo de 2003.
O alcalde, Xosé Manuel Taboada García.