1.-
Definición do centro. Identificación da entidade
titular:
a/
Definición da Vivenda Comunitaria:
Segundo
a normativa vixente contida na Orde do 18 de Abril de 1996, defínese Vivenda
Comunitaria como equipamentos de pequeno ou mediano tamaño destinados a albergar
en réxime de convivencia cuasi-familiar a un número máximo de 12 persoas
maiores, preferentemente cun alto grao de autovalemento.
b/
Datos xerais de identificación:
·
Denominación
do centro: Vivenda Comunitaria de
Vilasantar.
·
Enderezo:
O Real- Vilasantar, - Vilasantar (Coruña
(A)- 15.807).
·
Tipoloxía:
Vivenda Comunitaria,
Vellez.
·
Area
de actuación: Vellez
·
Entidade da que depende: Concello de
Vilasantar.
·
Nº
Identificación: AS-407 - CIF: P1509100B
·
Enderezo:
Vilasantar -
CP.: 15.807
·
Provincia:
Coruña(A) – Teléfono: 981- 778066 (oficina) / 981-778057
(público)
·
Representante
legal da vivenda: Sr. Xosé Manuel
Taboada García (Alcalde-Presidente do Concello de
Vilasantar).
·
DNI/NIF:
32.232.777- P
Vilasantar, 7 de Xaneiro de 2004
Asdo. Xosé Manuel Taboada García
Alcalde
do Concello de Vilasantar.
2.- Servizos Ofertados na Vivenda
Comunitaria para persoas maiores:
Obrigatorios:
·
Administración
e recepción das solicitudes.
·
Manutención.
·
Aloxamento
acondicionado.
·
Hixiene
e lavado de roupa.
·
Información
e asesoramento.
·
Apoio
sanitario
·
Apoio
social preciso segundo as necesidades de cada usuario para as actividades da
vida diaria.
Outros servizos: Os usuarios poderán seguir demandando dos
servizos sociais de atención primaria, dos médico-sanitarios así como de
calquera outro servizo público ou privado que poida existir fóra da vivenda e
dentro do termo municipal ou fóra. Así mesmo, as persoas aloxadas na Vivenda
Comunitaria poderán participar nas actividades que o Concello organiza para os
maiores; (actualmente “Informática”, ximnasia, charlas informativas, proxeccións
de películas de vídeo e viaxes culturais).
Vilasantar, 7 de Xaneiro de 2004
Asdo. Xosé Manuel Taboada García
Alcalde do Concello de Vilasantar.
3.- Prezo pola prestación dos
servizos:
·
Son
suxeitos obrigados ó pagamento as persoas físicas usuarios da Vivenda
Comunitaria e que despois de solicita-la admisión lles sexan prestados os
servizos polo persoal técnico do mesmo.
·
Para o cálculo dos ingresos
terase en conta a pensión, outros tipos de ingresos e/ou rendas que estea
percibindo o solicitante.
·
O importe do prezo público
fixado cubrirá, como mínimo, o custo dos servizos prestados, podendo sen
embargo, fixarse un prezo
público por debaixo do custo ou gratuidade do servizo cando en casos puntuais
algún solicitante viva nunhas condicións sociais e económicas extremas que así o
aconsellen. Estes supostos serán determinados polo Pleno a proposta do Equipo de Servivios Sociais do
Concello.
·
As contías serán aprobadas
atendendo ás propostas-memorias económicas e da actividade que presente o Equipo
de Servizos Sociais encargados de desenvolve-los servizos sen que o importe dos
prezos públicos poida ser inferior o custo do servizo prestado, salvo o
establecido no punto anterior.
·
Contía
mensual: O prezo público mensual a aboar polos
usuarios, será determinado no acto da concesión do servizo. (Ver Anexo 2)
·
Depósito
de fianza da cantidade: 1
mensualidade
·
Xeito
de pagamento:
Domiciliación bancaria.
·
Período
de pago: o
pagamento faise afectivo, por mensualidades vencidas, nos primeiros cinco días
do mes seguinte.
Vilasantar, 7 de Xaneiro de 2004
Asdo. Xosé Manuel Taboada García
Alcalde do Concello de Vilasantar.
·
Factura/recibo:
contra o pagamento expedirase o correspondente recibo/factura por duplicado –un para o
expediente individualizado custodiado na Vivenda Comunitaria e outro para
entregar ó usuario-cliente-. No mesmo detallaranse os servizos ós que
corresponde o pagamento.
·
Suposto
de facturación de media mensualidade:
ingreso na Vivenda Comunitaria na 2ª quincena do mes e calquera estancia no
mesmo que sexa inferior ou igual a 15 días/mes.
No caso de
baixa voluntaria deberá o usuario avisar ó centro con 5 días de antelación á
data de baixa.
·
Supostos
de reserva de praza a hospitalizacións/vacacións, etc, nos que se superen os 5
días:
descontarase do prezo mensual total un 2% cada 5 días polos servizos non
prestados (manutención, lavado de roupa, etc). O impago da cantidade
correspondente á reserva de praza, determinará o dereito do centro a ocupala,
salvo xustificación razoable.
4.-
Ingreso dos usuarios-clientes:
No
ingreso na Vivenda Comunitaria respectarase a propia vontade dos usuarios ou do
seu representante legal. No suposto de que o usuario fora declarado incapaz
xudicialmente e nomeado o seu titor, as decisións relevantes corresponderán ó
mesmo. Sen prexuízo, en caso de ser preciso, da intervención do xuíz
competente.
Vilasantar, 7 de Xaneiro de 2004
Asdo. Xosé Manuel Taboada García
Alcalde do Concello de Vilasantar.
a/
Requisitos previos ó ingreso:
·
Na
vivenda compartida poderán solicitar praza, a través dos Servizos Sociais de
Atención Primaria do Concello, as
persoas válidas.
·
Realizarase
un estudio da súa situación actual resolvendo nun diagnóstico e valoración da
mesma. A valoración farase por escrito á persoa interesada. No suposto de que a
solicitude resulte favorable e quedando praza libre na vivenda, realizarase un
programa individual de vida e asistencia para o usuario; estudarase en conxunto
con el e quedará reflexado nun convenio asinado polo
interesado.
·
A
persoa terá un prazo razoable (15 días) para incorporarse á vivenda unha vez
notificado ás persoas responsables do funcionamento da mesma. No suposto de que
tódalas prazas estean ocupadas, a persoa se o desexa, poderá pasar a formar
parte dun listado de espera (público) por estricta orde de chegada e gravidade
da situación. Unha vez que haxa praza o solicitante deberá novamente presentar
un informe médico.
·
Poderán
solicitar unha praza na Vivenda Comunitaria as persoas de 65 anos de idade e
excepcionalmente maiores de 60 anos que sexan preferentemente do Concello ou
zonas limítrofes e se
atopen nalgunha das seguintes situacións:
-
Que non
dispoñan de domicilio propio ou este non reúna as
condicións mínimas de habitabilidade.
-
Que
tendo domicilio se atopen sós sen ningunha persoa ou familiar que se poida facer
cargo do seu coidado.
Vilasantar, 7 de Xaneiro de 2004
Asdo.
Xosé Manuel Taboada García
Alcalde do Concello de Vilasantar.
-
Que
non padeza ningunha enfermidade psíquica grave ou
infecto-contaxiosa.
b/
Documentación esixida:
Nos
Servizos Sociais de Atención Primaria do Concello deberá haber un expediente por
cada usuario da vivenda no que consten os seguintes
documentos:
·
Solicitude
de admisión presentada no rexistro do Concello.(Anexo 1)
·
DNI
·
Tarxeta
sanitaria.
·
Certificado
da pensión que percibe.
·
Declaración
xurada dos bens que posúe.
·
Última
declaración da renda ou certificación negativa de Facenda de non estar obrigado
a facela.
·
Informe
social con valoración da demanda elaborado pola Traballadora Social do
Concello.
·
Informe
médico.
·
Programa
persoal-convenio asinado polo usuario e o profesional (o programa así como os
obxectivos serán propostos e analizados por ambas partes, polo interesado/a e o
traballador social, reflexado nun convenio escrito onde se especificará:
situación inicial do usuario, obxectivos e metas a acadar (xerais e
específicos), actividades a realizar, recursos materiais, sociais, humanos dos
que dispón o usuario e seguimento do seu caso.
Vilasantar, 7 de Xaneiro de 2004
Asdo. Xosé Manuel Taboada
García
Alcalde
do Concello de Vilasantar.
·
Obriga
da Vivenda Comunitaria de entrega-lo regulamento de réxime interior para a
lectura e aceptación por escrito do usuario-cliente.
Preferentemente deixarase constancia da entrega e a súa
data.
d/
Formalización do contrato (Anexo 3) no
que deberá constar:
·
Entidade
Titular: Concello de Vilasantar
·
Servizos
prestados na vivenda comunitaria (mencionados no punto 2).
·
Prezo
dos servizos
·
Lugar,
data e sinatura do usuario.
e/
Libro de rexistro de usuarios.
f/
Expediente individualizado de cada usuario.
g/
Libro de reclamacións a disposición dos usuarios. No
suposto de efectuarse algunha reclamación, darase copia da mesma ó reclamante e
remitirase unha 2ª copia á Secretaría Xeral de Asuntos Sociais, Emprego e
Relacións Laborais.
h/
Póliza de responsabilidade civil que
garanta a cobertura das indemnizacións ós usuarios e sinistros do edificio, que
poderá ser requirida polos usuarios-clientes/familiares para o seu
coñecemento.
Á
vista desta documentación a Comisión de Servizos Sociais formada polo
Responsable titular do Centro e o Equipo de Servizos Sociais, resolverá,
propoñerá ou desestimará o ingreso do solicitante.
Vilasantar, 7 de Xaneiro de 2004
Asdo. Xosé Manuel Taboada
García
Alcalde do
Concello de Vilasantar
5.- Réxime interior:
a/
Funcionamento diario do centro:
O horario de
funcionamento diario do centro estará suxeito ás modificacións que se estimen
oportunas segundo as necesidades sobrevidas aprobadas pola Comisión de Goberno
asesorados polo Equipo de Servizos Sociais.
A modo
orientativo poderían se-los seguintes:
O
horario de comidas será o seguinte:
·
Almorzo
ás 9.30 h
·
Comida
ás 14:00 h
·
Merenda
ás 17 h
·
Cea
ás 20:30 h.
Actividades:
Os usuarios da Vivenda poderán acudir a todas as
actividades que se organizan no Concello se o desexan, con independencia das que
se poidan organizar dentro da Vivenda. A modo orientativo estanse levando a cabo no
Concello as seguintes actividades:
·
Ximnasia
para a terceira idade:
Luns
de 5.30 h a 6,20h (centro
social)
Martes
de 4.30 a 5,20 h.(centro social)
Venres
de 4,30 h a 5,20h (centro social)
·
Informática para maiores:
Todos os días de luns a venres poden usar
a aula de informática do concello se
o desexan de 10.30 h a 1 h
no baixo do Concello.
·
Lectura de prensa diaria.
·
Xogos de mesa.
Vilasantar, 7 de Xaneiro de 2004
Asdo. Xosé Manuel Taboada
García
Alcalde do Concello de
Vilasantar
·
Proxección de películas de vídeo.
(organizaranse na
vivenda)
·
Natación: Na piscina de Arzúa os mércores
dende setembro ó verán (hai monitor e autobús para ir; de
10.45-12.45)
·
Coro: os Sábados pola tarde.(centro
social)
·
Excursións culturais: dúas anuais a algún punto da nosa xeografía con
interese histórico-cultural. E outras que se organicen
·
Camiñatas
As actividades que se levan a cabo polo
persoal contratado polo Concello serán totalmente gratuítas.
b/
Horario de visitas:
É libre respectando o horario establecido
de comidas e pola noite, salvo caso de necesidade ou que ocorra algunha
circunstancia especial. Avisar con antelación. Prefírense as visitas os
sábados e domingos de 4h30 a 7h30.
c/
Réxime de saídas:
É
libre , respectando os horarios das comidas. Ata as 22.00 h. / Comunicación co exterior: garantirase
a comunicación co exterior, ben telefonicamente, por correspondencia, ou nas
visitas ou saídas do usuario. Poderán recibir chamadas respectando o horario das
comidas. O gasto das chamadas ó exterior que poida realiza-lo usuario correrán ó
seu cargo.
e/ Os
usuarios faranse cargo dos gastos que non sexan cubertos pola Seguridade Social
con respecto á súa medicación e outros tratamentos.
f/
Custodia de obxectos dos usuarios: os
armarios deberán contar con chave para a custodia dos enseares persoais dos
usuarios.
g/
Prohibición de almacenamento de alimentos perecedoiros.
Vilasantar, 7 de Xaneiro de 2004
Asdo. Xosé Manuel Taboada
García
Alcalde do Concello de
Vilasantar
6.-
Permanencia, incapacidade:
Na
permanencia na Vivenda Comunitaria respectarase a propia vontade dos usuarios ou
do seu representante legal. No suposto de que o usuario-cliente fora declarado
incapaz xudicialmente e nomeado o seu titor, as decisións relevantes
corresponderán ó mesmo. Sen prexuízo, en caso de ser preciso, da intervención
(comunicacións, autorizacións) do xuíz competente.
No
caso de incapacidade sobrevida logo do seu internamento, os responsables da
vivenda comunitaria deberán poñelo en coñecemento inmediato da autoridade
xudicial para os efectos do previsto no artigo 211 do Código Civil.
Nos
supostos de situacións de desamparo, etc, os responsables do centro deberán
poñer en coñecemento do Ministerio Fiscal os feitos que poden ser determinantes
de incapacitación do maior.
7.- Baixas:
Na saída dos centros respectarase a propia
vontade dos usuarios ou do seu representante legal, que precisará ademais de
autorización xudicial nos supostos de maiores incapacitados
xudicialmente.
Causas
de baixas:
·
En
calquera momento a petición do usuario-cliente/ titor
legal.
·
Polo
incrumpimento reiterado das obrigas dos usuarios-clientes da vivenda comunitaria
consistente en:
Ø Reiterado
incumprimento das normas de utilización da vivenda comunitaria establecidas no
presente regulamento.
Vilasantar, 7 de Xaneiro de 2004
Asdo. Xosé Manuel Taboada
García
Alcalde do Concello de
Vilasantar
Ø Non
observar unha conduta inspirada no mutuo respecto, tolerancia e colaboración
encamiñada a facilitar unha mellor convivencia. Deixarase constancia no
expediente individualizado de tales inobservancias.
Ø Por
precisar asistencia especializada que non corresponde á ofrecida na Vivenda
Comunitaria.
Ø Por
falecemento.
8.- Dereitos e deberes dos
usuarios:
Os
usuarios da Vivenda Comunitaria gozarán dos seguintes dereitos:
1) A
acceder ós mesmos e recibir asistencia sen discriminación por razón de sexo,
raza, relixión, ideoloxía ou calquera outra condición ou circunstancia persoal
ou social.
2) Á
consideración no trato, debida á dignidade da persoa, tanto por parte do persoal
do centro ou servizo como dos demais usuarios.
3) Ó
sixilo profesional acerca dos datos do seu historial sanitario e
social.
4) A
realizar saídas ó exterior.
5) A
manter relacións interpersoais, incluído o dereito a recibir
visitas.
6) A
unha asistencia individualizada acorde coas súas necesidades
específicas.
7) Á
intimidade persoal en función das condicións estruturais da Vivenda
Comunitaria.
Vilasantar, 7 de Xaneiro de 2004
Asdo. Xosé Manuel Taboada
García
Alcalde do Concello de Vilasantar
8) A que
se lle facilite o acceso á atención social, sanitaria, educacional, cultural e,
en xeral, a tódalas necesidades persoais que sexan precisas para consegui-lo seu
desenvolvemento integral.
9) A
deixar de utiliza-los servizos ou a abandona-lo centro por vontade
propia.
10) A
asociarse co obxecto de favorece-la súa participación na programación e no
desenvolvemento de actividades.
O
exercicio dos dereitos sinalados nos parágrafos 4 e 9 poderá ser obxecto de
limitación en virtude de resolución xudicial.
Son
obrigas do
usuario:
1) Cumpri-las
normas sobre utilización do centro ou servizo establecidas no regulamento de
réxime interior.
2) Observar
unha conduta inspirada no mutuo respecto, tolerancia e colaboración, encamiñada
a facilitar unha mellor convivencia.
3) Colaborar
na realización de determinadas tarefas que, sen supoñeren un risco para a súa
saúde nin para a finalidade do tratamento, sirvan para mellora-la súa autonomía
persoal e participación na vida do centro, de acordo co disposto no regulamento
de réxime interior.
Vilasantar, 7 de Xaneiro de 2004
Asdo. Xosé Manuel Taboada García
Alcalde do Concello de Vilasantar.
RELACIÓN DE ANEXOS QUE SE
ADXUNTAN
Anexo 1: Solicitude de
admisión.
Anexo 2: Prezos públicos para o ano
2004
Anexo3: Modelo de contrato entre o Concello e o
usuario.
Vilasantar, 7 de Xaneiro de 2004
Asdo. Xosé Manuel Taboada García
Alcalde do Concello de Vilasantar.
Anexo
1: Solicitude de admisión.
Rexistro de entrada:
O Sr/Sra.
.........................................................................................................
Con
DNI nº ........................ do
Concello de .................................
SOLICITA:
Unha
praza na Vivenda Comunitaria de Vilasantar polos motivos que
alega:
________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
Para
o cal presenta a documentación que se lle require.
Así o
fai constar onde conveña.
Vilasantar
a ............. de
.................... de 200...
SR.
ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE VILASANTAR.
Anexo
2: Prezos públicos para o 2004 (resume
da ordenanza de prezos)
Criterios
xerais para fixa-lo prezo:
O importe do prezo público fixado cubrirá, como
mínimo, o custo dos servizos prestados, podendo sen embargo, fixarse un prezo público por debaixo do custo ou
gratuidade do servizo cando en casos puntuais algún solicitante viva nunhas
condicións sociais e económicas extremas que así o aconsellen. Estes supostos
serán determinados polo Pleno a proposta
do Equipo de Servizos Sociais do
Concello.
As contías serán aprobadas atendendo ás propostas-memorias económicas e
da actividade que presente o Equipo de Servizos Sociais encargados de
desenvolve-los servizos.
De
non adoptarse actualización expresa do prezo, este verase incrementado na súa
contía segundo o I.P.C do ano en curso.
Para o cálculo dos ingresos
terase en conta a pensión, outros tipos de ingresos e/ou rendas que estea
percibindo o solicitante.
Contía
do pagamento
O prezo público mensual a
aboar polos usuarios, será determinado no acto da concesión do
servizo.
1. Prezo para o
réxime interno dos usuarios na Vivenda Comunitaria:
Para o ano 2004, a contía
polo servizo para as persoas que residan no centro é o 75% da súa pensión, que como mínimo será de
308,82 € para os usuarios con
habitación dobre, (dato calculado do 75 % da
contía da Pensión mínima do Réxime Especial Agrario) e de 326,82 € para os usuarios con habitación
individual que se irá incrementando
segundo o IPC do ano correspondente.
Aquelas persoas que o 75% da súa pensión non
alcance os 308,82 € ou 326,82 € será valorada a súa situación persoal pola
Comisión de Goberno a instancia do informe proporcionado polo Equipo de Servizos
Sociais.
Neste prezo irá
incluído tanto a estancia como a manutención na Vivenda
Comunitaria.
2. Os cinco
primeiros días de cada mes terán que notificar ó
responsable do centro se dan de
alta ou de baixa en algún destes servizos.
3. Suposto de
facturación de media mensualidade: ingreso na Vivenda
Comunitaria na 2ª quincena do mes e calquera estancia no mesmo que sexa inferior
ou igual a 15 días/mes. No casa de baixa voluntaria deberá o usuario preavisar ó
centro con 5 días de antelación á data de baixa
4. No suposto
de reserva de praza a hospitalización/vacacións,etc, nos que se superen os 5
días,
descontarase do prezo mensual total un 2% cada 5 días polos servizos non
prestados (manutención, lavado de roupa,etc). O impago da cantidade
correspondente á reserva de praza, determinará o dereito do centro a ocupala,
salvo xustificación razoable.
5. Así mesmo ó inicio do seu
ingreso depositarase a cantidade de unha mensualidade en concepto de depósito de
fianza.
1. O pagamento
(mediante domiciliación bancaria)
farase efectivo por mensualidades
vencidas nos cinco primeiros días do mes seguinte.
2. Contra
o pagamento expedirase o correspondente recibo/factura por duplicado – un para o expediente
individualizado custodiado na Vivenda Comunitaria e outro para entregar ó
usuario-cliente. No mesmo detallaranse os servizos ós que corresponde o
pagamento.
Os
usuarios da Vivenda Comunitaria deberán estar ó día no pagamento das débedas
contraídas co Concello de Vilasantar.
ANEXO 3
REXISTRO DE ENTRADA:
CONTRATO DA VIVENDA
COMUNITARIA DE VILASANTAR
D/Dna.
................................................................. con DNI nº
........................
Domiciliado en
................................. Concello de
.........................................
Provincia de
.....................................
Acepta os servizos que se lle
prestan na Vivenda Comunitaria de Vilasantar, de titularidade do Concello, en
réxime de aloxamento e convivencia, é dicir: manutención, aloxamento
acondicionado, hixiene e lavado de roupa, apoio sanitario e apoio
social.
E polo mesmo COMPROMÉTESE a:
·
Aboa-la contía establecida en
.............. E
·
A respecta-las normas de
convivencia e réxime interno do centro que aparecen expostas no taboleiro da
Vivenda e das cales se lle informa no momento en que realiza a súa solicitude e
tamén antes de formalizar este contrato.
·
Os usuarios faranse cargo dos
gastos que non sexan cubertos pola Seguridade Social, así mesmo, dos seus gastos
persoais (aseo, roupa e outros).
·
Non poderá almacenar
alimentos perecedoiros no seu cuarto.
·
Os obxectos e enseres
persoais deberán ser custodiados polo propio usuario.
·
Quedando conforme de que a
praza concedida é para persoas válidas (segundo consta no Informe médico que
adxunta), polo tanto se por algún problema de saúde, deixa de ser válido
definitivamente e precisa axuda doutra persoa para os actos da vida diaria,
tería que abandona-la vivenda, unha vez que se busquen os recursos adaptados ás
súas actuais necesidades.
Vilasantar a .......... de ......... de 200....
Estando conforme,
asina,
Asdo. O usuario
Asdo. O responsable da Vivenda Comunitaria
Este Regulamento foi
actualizado con data de 28 de
decembro 2004, e aprobado pola xunta de goberno local do concello de
Vilasantar.
Vilasantar a 28 de decembro de
2004.
Asdo: Xosé Manuel Taboada García
Alcalde do concello de Vilasantar