Expediente de Imposición e Ordenación do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

 

         Resultando necesario utilizar os recursos económicos que establece o art. 2.1b) da Lei 39/1988, de 28 de decembro, entre os que se encontra o referido Imposto, tramitouse o expediente administrativo para impoñer e ordenar dito tributo. Vistos os informes favorables de Secretaría e Intervención, así como o dictame, no mesmo sentido da Comisión de Contas por Unanimidade, acórdase o seguinte:

 

         1º.- No cumprimento do disposto no art. 15.2 e de conformidade co previsto no art. 60.1 facendo uso das facultades conferidas ó Concello polos arts. 96.4, 98 e 99, todos eles da citada Lei 39/1988, apróbanse, provisionalmente, o coeficiente de incremento das cotas, o procedemento de xestión e o instrumento acreditativo do pago do imposto, nos termos que regula a Ordenanza Fiscal na que o mencionado texto figura anexo á memoria da Alcaldía que encabeza o expediente e, simultaneamente, a propia Ordenanza.

 

         2º.- Expoñer ao público o presente acordo e a Ordenanza Fiscal tal como preceptúa o art. 17.1 e 2 da mencionada Lei.

 

         3º.- Elevar a definitivo este acordo se non se presentaren reclamacións ao mesmo e continuar o expediente ata a súa conclusión, de acordo co procedemento previsto no art. 17.4 e 5 da repetida Lei.

 

         4º.- A referida Ordenanza Fiscal entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día un de Xaneiro de 1990.

 

 

Ordenanza Fiscal Nº 2

Reguladora do imposto sobre Vehículos de tracción mecánica.

 

 

Artigo 1º.- De conformidade co previsto na Lei 39/1988 de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais do Imposto sobre Vehículos de tracción mecánica aplicable neste Municipio serán as que establece o artigo 96.1 da citada Lei.

 

Artigo 2º.- O pagamento do imposto acreditarase mediante recibo expedido pola recadación correspondente.

 

Artigo 3º.-

1)     No caso de primeiras adquisicións de vehículos, ou cando estes se reformen de maneira que alteren a súa clasificación aos efectos do presente Imposto, os suxeitos pasivos presentarán ante a oficina xestora correspondente en prazo de trinta días a contar da data de adquisición ou reforma, declaración por este imposto segundo modelo aprobado polo Concello  ao que se acompañarán a documentación acreditativa da súa compra ou modificación, certificado das súas características técnicas do vehículo e o documento nacional de identidade e o código de identificación fiscal do suxeito pasivo.

2)     Pola oficina xestora practicarase a correspondente liquidación, normal ou complementaria, que será notificada individualmente aos interesados, indicando o prazo do ingreso e dos recursos procedentes.

 

Artigo 4º.-

1)     No caso de vehículos xa matriculados ou declarados aptos para a circulación, o pago das cotas anuais do imposto realizarase dentro do primeiro semestre de cada exercicio.

2)     No suposto regulado no apartado anterior, a recadación das correspondentes cotas realizarase mediante o sistema de padrón anual no que figurarán os vehículos suxeitos ó imposto que se encontren inscritos no correspondente Rexistro Público a nome de persoas ou entidades domiciliadas neste Termo Municipal.

3)     O padrón ou matrícula do imposto expoñerase ao público por prazo de quince días hábiles, para que os lexítimos interesados poidan examinalo e, no seu caso, formulas as reclamacións oportunas. A exposición ao público anunciarase no Boletín Oficial da Provincia e producirá os efectos de notificación da liquidación a cada un dos suxeitos pasivos.

 

Artigo 5º.- No expresamente previsto na presente Ordenanza, rexerán os preceptos contados na Subsección 4.ª, da Sección 3.ª, do Capítulo II, do título II da citada Lei 39/1988, concordantes e complementarios da mesma, e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenrolo.

 

Disposición Transitoria.

          As persoas ou entidades que á data de comezo da aplicación do presente imposto gocen de calquera clase de beneficio fiscal no imposto Municipal sobre Circulación de  Vehículos, continuarán no disfrute dos mesmos no imposto citado en primeiro termo da data de extinción de ditos beneficios e, no caso de que os mesmos non tiveran termo de disfrute, ata o 31 de decembro de 1992, inclusive.

 

Disposición Final.

         A presente Ordenanza Fiscal, na que a redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o vinte de setembro de mil novecentos ostenta e nove, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día un de Xaneiro de mil novecentos noventa, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. Firmando o Alcalde e o Secretario.