|
O Concello
O Municipio
Qué visitar
Perfil do Contratante
Outros
Servizos ó cidadán
|
Saúdo da Alcaldesa
Como alcaldesa de Vilasantar, quero darvos a benvida a este espazo virtual, lugar de encontro nun mundo inexistente que nunca poderá substituír a realidade viva que configuran as persoas e o territorio destas terras da montaña Galega.
Desde esta porta poderemos acceder a moita información relacionada co Concello de Vilasantar: actos, programas, cursos, actividades culturais e deportivas, axudas (educación, cultura, asociacións), eventos, proxectos, turismo, etc.), mais todo iso nunca nos fará esquecer que a realidade está desta parte da web, en Armental, en Barbeito, en Mezonzo , en Présaras , en San Vizenzo, en Vilariño en Vilasantar.
Só pretendemos desenvolver un espazo no que as novas tecnoloxías da comunicación permitan o diálogo entre os cidadáns e a Administración, sabedores e sabedoras de que a verdadeira comunicación se dá no intercambio directo de comunicación entre veciños e veciñas.
Benvidos e benvidas a esta páxina.
Esperamos que non fiquen varados nela e se animen a visitarnos. Moitos son os ríos que conducen aquí.
E moitas as historias que a nós remeten.
Manuela García Freire Alcaldesa de Vilasantar
|
