Axenda

imagen

Categorías

Eventos

-

O 8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

A representación teatral da obra Vaguedás, inspirada en textos poéticos de Rosalía de Castro, será o acto principal do Día Internacional das Mulleres en Vilasantar. Terá lugar o propio día 8, ás 21:00 no Local Social de Vilasantar. A entrada é de balde.






-
ENTROIDO 2010
A gran festa galega do inverno terá como actos principais no concello de Vilasantar a celebración do III Concurso de Disfraces e o I Concurso de Repostería do Entroido.
Terá lugar o día 13 de febreiro ás 17:00 no Local Social de Vilasantar. Contará coa presenza e actuación do humorista Pedro Brandariz. Haberá dous premios para os mellores entroidos (unha videocámara e un TV plasma) e un home cinema para o mellor doce.






-

XORNADAS DE PRODUCIÓN E CONSUMO ECOLÓXICO
A Escola de Agricultura Ecolóxica organiza un ciclo de conferencias formativas sobre as técnicas ecolóxicas de aproveitamento agrogandeiro.

-Agricultura ecolóxica: 12 de febreiro
-Gandaría ecolóxica: 19 de febreiro
-Xestión forestal sustentábel: 26 de febreiro
-Consumo ecolóxico: 5 de marzo

Terán lugar en horario de 15:30-18:30 na aula da Escola de Agricultura Ecolóxica. A asistencia é gratuíta mais cómpre anotarse no 981 777461






-
CURSO DE PODA DE FROITEIRAS

MEDRA EN VERDE, en colaboración co Concello organiza un curso de poda que terá lugar na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar o venres 19 de febreiro (15:00-19:00) e sábado 20 (10:00-14:00 e 15:00-19:00).
O curso é de balde para as persoas censadas no concello de Vilasantar. O prezo para o resto de participantes é de 25 €.
Os asistentes deberán levar tesoira de poda, luvas e serra se dispoñen dela
Quen o desexe pode anotar fincas para a realización das prácticas.
Anotacións no 981 777461 ou 981 778169.






-

CONCURSO "A TÚA MELLOR CARA" 09

-Categoría A. Gañador: Diego López Gómez, autor do conto titulado:

As bromas do meu avó
Premio: Bicicleta de montaña.

-Categoría B. Gañadora: Ana Belén Vázquez Corral, autora do conto titulado:

O nacemento de Laura
Premio: Consola DS.

-Categoría C. Gañadora: Sara Morandeira Vázquez, autora do conto titulado:

Un mundo de inxustizas
Premio: Cámara de video.

-Categoría D. Gañadora: Irene Mahia Portos, autora da poesía titulada:

Querida amiga
Premio: Ordenador portátil.

O medre da cantidade e da calidade dos traballos presentados fixo difícil a decisión do xurado. Todos os/as participantes tiveron o seu merecido premio. Esta festa cultural consolídase ano a ano. Así que xa sabedes, ide preparando a vosa mellor cara 2010!







junta