Vilasantar Vilasantar Vilasantar

Servizo Municipal

imagen

Agricultura e Gandería - Agricultura e Gandería



fotoAgricultura e Gandería


ORDE do 10 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias para actividades de interese agrario e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

DESTINATARIOS: As organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas en Galicia e nas cales concorran as circunstancias previstas nesta orde, e non incorran nas circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

IMPORTE: 153.000 €

SITUACIÓN DE TRAMITACIÓN: DOG núm. 55 do 20/03/2014







ORDE do 10 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007/2013, e se convocan para o ano 2013.

Enlace ao DOG







ORDE do 29 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á identificación do gando equino, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, así como das axudas para a subscrición de pólizas de seguros de responsabilidade civil por danos fronte a terceiros para cabalos mantidos no monte en réxime de liberdade, e se convocan para o ano 2013.

DESTINATARIOS: Os titulares de explotacións extensivas de équidos en liberdade que aproveiten o monte que reúnan os requisitos.

IMPORTE:

- Axudas á identificación do gando equino: 99.500 €.

- Axudas á subscrición de pólizas de seguro de responsabilidade civil por danos fronte a terceiros: 45.000 €.

SITUACIÓN DE TRAMITACIÓN: DOG núm. 109 do 10/06/2013







ORDE do 3 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2013.

DESTINATARIOS: As cooperativas ou entidades asociativas do sector agrario que implanten servizos de substitución para os seus asociados, así como as empresas que levan a cabo esta actividade nas condicións establecidas nesta orde.

IMPORTE: 3.300.000,00 €

SITUACIÓN DE TRAMITACIÓN: DOG núm. 108 do 07/06/2013







ORDE do 27 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias, cofinanciadas co Fondo Europea Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano.

DESTINATARIOS: As cooperativas ou entidades asociativas do sector agrario que implanten servizos de substitución para os seus asociados, así como as empresas que levan a cabo esta actividade nas condicións establecidas nesta orde.

IMPORTE: 80.000,00 €

SITUACIÓN DE TRAMITACIÓN: DOG núm. 108 do 07/06/2013







ORDE do 3 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2013.

DESTINATARIOS: Os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do plan 2013 e liñas gandeiras dos plans 2012 e 2013, formalizadas en 2013, e cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde. Tamén poderán ser beneficiarios das axudas outorgadas nesta orde os titulares de explotacións de piscifactorías de troitas.

IMPORTE: 6.000.000,00 €

SITUACIÓN DE TRAMITACIÓN: DOG núm. 89 do 10/05/2013





ORDE do 2 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións, axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, e axudas para a compra de gando bovino, ovino e cabrún que teñan por obxecto a reposición das reses, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais, e se convocan para o ano 2013.

IMPORTE: 500.000,00 € para as indemnizacións; 250.000, 00 € para as axudas ao lucro cesante e para as axudas á reposición de gando da sección 3ª; 50.000,00 € para as axudas complementarias á reposición de gand0 da sección 4ª.

SITUACIÓN DE TRAMITACIÓN: DOG núm. 86 do 06/05/2013





ORDE do 24 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru producido e recollido nas explotacións e a súa certificación externa, e se convocan para o ano 2013.

DESTINATARIOS. As centrais de compra, as cooperativas e sociedades agrarias de transformación que teñan entre so seus obxectivos a comercialización ou a transformación de leite de vaca, ovella ou cabra e as agrupacións e asociacións de produtores de leite.

IMPORTE: 150.000,00 €

SITUACIÓN DE TRAMITACIÓN: DOG núm. 85 do 03/05/2013




replicas relojes replicas de relojes
Concello de Vilasantar, © 2010 Todos os dereitos reservados | Aviso Legal | LOPD tfn 981 778 169 fax 981 778 166 mail correo@vilasantar.com