Servizo Municipal
CULTURA - CULTURA
Convocatoria de Premios e Bolsas da Deputación da Coruña
Rede Cultural 2013
Ata o día 27 de marzo de 2013 está aberto o prazo para solicitar as actuacións incluídas dentro do programa da REDE CULTURAL 2013 da Deputación da Coruña.
Poden solicitar as actuacións de música, de teatro, de bandas de gaitas, charangas, magos, danza, etc. tanto os concellos como as entidades sen ánimo de lucro. No caso de entidades, aboarán o 50% da actuación, e o restante 50% restante aboarao a Deputación da Coruña.
Infórmate na páxina web da Deputación da Coruña (www.dicoruna.es), ou no departamento de cultura deste concello (981 778 169).
TEATRO DE AFICIONADOS:
Desde o Concello de Vilasantar estamos preparando un programa de TEATRO en Vilasantar, no que os actores e participantes nas obras de teatro sexan os/as veciños/as de Vilasantar.
Actualmente son 20 veciños de Vilasantar, de tódalas idades, os que xa están empezando para converterse en actores. O lugar de ensaio é o local social de Présaras, os xoves en horario de 19:00 a 21:00 h.
Iremos informando da data de representación das obras de teatro, o lugar e a hora.
Contacta co departamento de cultura.
Concello de Vilasantar
C/ Ru, s/n, 15807
Vilasantar, A Coruña
Teléfono: 981 77 81 69
Fax: 981 77 81 66
Correo electrónico: xuventude@vilasantar.com
REDE CULTURAL 2012:
A partir do día 11 de maio e ata o 31 de maio de 2012, está aberto o prazo para solicitar as actuacións incluídas dentro do programa da REDE CULTURAL 2012 da Deputación da Coruña.
Poden solicitar as actuacións de música, de teatro, de bandas de gaitas, charangas, magos, danza, etc. tanto os concellos como as entidades sen ánimo de lucro. No caso de entidades, aboarán o 50% da actuación, e o restante 50% restante aboarao a Deputación da Coruña.
Infórmate na páxina web da Deputación da Coruña (www.dicoruna.es), ou no departamento de cultura deste concello (981 778 169).
CONCURSO LITERARIO:
17 de MAIO de 2012 .Día das Letras Galegas dedicado a Valentín Paz Andrade.
Bases do concurso e premios
Bases do concurso
- Os traballos, de tema libre, estarán redactados en lingua galega. A extensión máxima permitida é unha folla de tamaño normal (A4) por unha soa cara.
- Establécense 4 categorías cos seus respectivos premios:
A) Ata 10 anos.
B)De 10 a 14 anos.
C) De 14 a 18 anos.
D)Maiores de 18 anos.
Premios
* Categoría A: 1º Bicicleta, 2º vale 50€ libraría, 3º vale 25 € libraría.
* Categoría B: 1º Reproductor MP4, 2º vale 50€ libraría, 3º vale 25 € libraría.
* Categoría C: 1º Libro electrónico, 2º vale 50€ libraría, 3º vale 25 € libraría.
* Categoría D: Libro electrónico.
A entrega dos traballos efectuarase antes do 17 de maio de 2012 na Biblioteca de Vilasantar, ou en biblioteca@vilasantar.com. Serán anónimos e entregaranse acompañados dunha folla á parte cos seguintes datos: título ou primeira liña da composición, nome e apelidos, categoría, enderezo e número de teléfono.
Un xurado, designado polo Concello de Vilasantar, escollerá os textos premiados sen coñecer a autoría. Os textos presentados pasarán a ser propiedade do Concello.
O acto público de entrega de premios no que todos os participantes recibirán un agasallo terá lugar o xoves 24 de maio de 2012, na Semana das Letras Galegas, ás 16:30 h. no colexio de Présaras.
Listaxe de asociacións do Concello de Vilasantar:
- Asociación de Familias de Armental. Eirixe, Armental
- CEAR O Castro de Vilasantar. Campo, Vilasantar
- Asociación de Amas de Casa de Présaras. Foro, Présaras
- Asociación de Familias Rurais de San Vicenzo. Bray, San Vicenzo
- Asociación de Veciños de San Vicenzo. O Viso, San Vicenzo
- Asociación de Mulleres Rurais de San Vicenzo. Seixo, San Vicenzo
- CEAR Santa María de Mezonzo. O Priorato, Mezonzo
- CEAR O Pazo de Barbeito. O Pazo, Barbeito
- Asociación de Mulleres Rurais San Paio. Eirixe, Vilariño
- Asociación de Veciños Alborada San Pedro de Mezonzo. Campo da Feira, Mezonzo
- Asociación cultural Pedra de San Pedro. Panacioi, Présaras
- Asociación cultural Campo de San Miguel. Panacioi. Présaras
- Asociación cultural e xuvenil Axouxere. Carballeira. Présaras
- Club deportivo Deporte Limpo. Vilasantar
- Asociación de Pais e Nais de Colexio de Educación Infantil e Primaria de Présaras
