Vilasantar Vilasantar Vilasantar

Gastronomía




ONDE COMER

EstablecementoDirecciónTeléfono
Casa Jaime Cruce de Sesmonde,s/n 981 786 657
Casa Ventureira Cruce de Sesmonde,51 981 786 180
Restaurante-Parrillada "CABA" Cruce de Sesmonde,47 981 787 088
Café Bar "LODEIRO" Ru, 16, Vilasantar (Comida por encargo) 981 778 309
Mesón "A BODEGUILLA" Lugar de Foro, 42, Presaras (Tapas. Establecemento co distintivo "Compromiso de Calidade Turística") 981 778 243
Bar "O RECREO" (Case en fronte da gasolinera de Vilasantar) 981 778 065
Bar "TAIBO" Lugar Foro s/n  

A gastronomía no Concello de Vilasantar presenta como pratos típicos os derivados do porco: xamón, chourizos…e outros embutidos elaborados do xeito tradicional.
No Antroido cabe destacar o lacón con grelos e as filloas, pratos que non poden faltar nunha boa mesa.

Pero o produto estrela é sen dúbida o queixo, mercede a integración deste municipio na Denominación de Orixe Queixo Arzúa-Ulloa.

 

DENOMINACIÓN DE ORIXE QUEIXO ARZÚA-ULLOA

Este queixo ten a denominación de orixe desde o ano 1995, e comprende as comarcas de Arzúa, Ulloa, ademáis doutros concellos próximos. A denominación de orixe Arzúa-Ulloa reflicte unha garantía para o consumidor de que o queixo foi sometido a rigurosos controles de calidade, e por outra banda, garante que foi elaborado con leite propia da zona.
A zona de produción e elaboración do Queixo de Arzúa-Ulloa comprende 15 concellos da Coruña( Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Curtis, Frades, Melide, Mesía, Ordes, Oroso, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar) e 9 de Lugo (Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Friol, Guntín, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín e Taboada).
Dende o ano 1989 este produto recibe a denominación de Producto Galego de Calidade.
Trátase dun queixo elaborado con leite cru , enteiro e pasteurizado, procedente do gando das razas rubia galega, pardo alpina e frisona.De forma discoidal e pequeno tamaño. A codia é lisa e cerosa, de cor amarelo. Os queixos invernais son máis cremosos, namentres os estivais son secos e lixeiramente curados de sabor máis acedo.
Este tipo de queixo é moi apreciado para a cociña pola suavidade, o que fai que acompañe os sabores sen chegar a ocultalos. Funde con facilidade, grazas á súa manteigosidade, debida o alto contido de graxa no leite das vacas galegas.



Tipos de queixo:

Queixo Arzúa-Ulloa e Queixo Arzúa-Ulloa de Granxa :
Caracterízase pola súa forma lenticular ou cilíndrica. A súa codia, fina e elástica, de cor amarela, brillante, limpa e lisa. Elaborado con leite pasteurizado, o periodo de maduración mínimo é de seis días. O seu diámetro está comprendido entre 100 e 250 mm, e o peso das pezas oscila entre 0,5 e 3,5 Kg. O seu aroma lácteo, lembra o da manteiga, e do yogur, con matices de vainilla, nata e noz. O sabor é lixeiramente salgado e de acidez media ou baixa.

Queixo Arzúa-Ulloa Curado:
Elaborado con leite de vaca cru ou pasteurizado, o periodo de maduración mínimo é de catro meses. De forma lenticular ou cilíndrica, o seu diámetro está comprendido entre 120 e 200 mm, e o peso das pezas oscila entre 0,5 e2,5 kg. Teñen coida de cor armarela moi intensa , brilante e de aspecto graxo. O seu aroma é moi intenso, cun forte ollor a manteiga lixeramente rancia. Sabor salgado, de baixa acidez e amargor medio.

Sede do Consello Regulador da D.O. Arzúa-Ulloa:
Ronda de Pontevedra, 30-1E
15800- Melide- A Coruña-
Tfno: 981 507 653
Fax: 981 507 653
replicas relojes replicas de relojes
Concello de Vilasantar, © 2010 Todos os dereitos reservados | Aviso Legal | LOPD tfn 981 778 169 fax 981 778 166 mail correo@vilasantar.com