Vilasantar Vilasantar Vilasantar

Novas

imagen

XORNADAS DE TERMALISMO

SAÚDE E CALIDADE DE VIDA

*6 de febreiro (Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente)

*13 de febreiro (Vilasantar, Armental, Mezonzo, Barbeito)

Anotación: 981 77 82 57. Prazo de anotación: ábrese o 25 de xaneiro.


foto

 O concello de Vilasantar ten o gusto de anunciar de novo a realización das: “Xornadas de Termalismo” Balneario de Guitiriz

*6 de febreiro (Présaras, Vilariño, Armental, San Vicente)

*13 de febreiro (Vilasantar, Armental, Mezonzo, Barbeito)

Anotación: 981 77 82 57

Prazo de anotación: ábrese o 25 de xaneiro

 

 

Número de prazas: 35 cada día (as persoas que non teñan praza nesta convocatoria, terán prioridade na seguinte)

Prezo: 5 € (custo do autobús)

-As xornadas están dirixidas a persoas maiores de 60 anos ou con minusvalia, empadroadas no concello.

-As prazas adxudicaranse por orde de anotación. Non se poderá escoller a data.

-Os tratamentos ofertados son Circuíto Termal e Club Termal ( a elixir un dos dous).

-As persoas que acudan deberán levar o seguinte material: Traxe de baño, gorro de piscina, zapatillas de goma e toalla. De non levalo poderán alugalo polo prezo de 1 € cada cousa.

-O horario e lugar de saída será notificado por teléfono.

-Esta actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña.

 O Concello de Vilasantar ven de firmar un acordo co Balneario de Guitiriz, no que se compromete a aplicar a toda a poboación de Vilasantar, un 10% de desconto en tratamentos terapéuticos e un 15% de desconto en entradas individuais para o Club e o circuito temal, en diferentes días e horarios os reservados para todo o grupo, para isto terán que presentar documentación acreditativa.

 


Para máis información deben dirixirse ao concello ou chamar o teléfono 981 778 257 

replicas relojes replicas de relojes
Concello de Vilasantar, © 2010 Todos os dereitos reservados | Aviso Legal | LOPD tfn 981 778 169 fax 981 778 166 mail correo@vilasantar.com