Vilasantar Vilasantar Vilasantar

Saúdo do alcalde

 

Benvidos á páxina web do Concello de Vilasantar Fernando Pérez Fernández Alcalde de Vilasantar Para min é un pracer podervos dar a benvida a esta páxina web, pequena fiestra dende onde se pode coñecer un pouco máis o Concello de Vilasantar, a súa organización e servizos que presta, actos, programas, cursos, actividades culturais e deportivas, axudas, turismo... Aproveito a ocasión para convidar a tódolos internautas a achegarse fisicamente ata o noso pequeno concello para comprobar "in situ" que se trata dun municipio puxante, onde tradición e modernidade se conxugan en harmonía.


Dende o ánimo de entrar progresivamente na denominada "sociedade da información", no Concello de Vilasantar apostamos polas novas tecnoloxías e pretendemos conseguir que este lugar en Internet se converta pronto nun novo instrumento de comunicación e diálogo con todos os veciños do municipio e tamén coa nación emigrante de Vilasantar, esperando así que está páxina sirva para que o noso concello se dea a coñecer fóra de Galicia, poñendo a disposición de tódolos visitantes aqueles aspectos de maior interese.



O noso propósito é que esta sexa unha páxina con vida e por iso podedes, se así o desexades, expresar o voso parecer ou solicitar máis información. Se a visitades con frecuencia comprobaredes que periodicamente será actualizada para que poidades obter información sobre as actividades culturais e deportivas programadas, así como cuestións de interese na localidade. Se por estas ou outras razóns nos vemos honrados coa vosa visita sabede que seredes sempre benvidos.



Ser alcalde dáche a proximidade dos teus cidadáns, a posibilidade de coñecer os seus problemas e tentar solucionalos, ou poder mellorar as súas condicións de vida coas túas decisións; pero ser alcalde supón tamén un forte exercicio de responsabilidade e de humildade. Responsabilidade pola confianza que veciños e veciñas delegan en ti. Todo isto tentaremos ofrecelo dende o Concello de Vilasantar.


Tras este breve saúdo, desexo que esta páxina sexa un vínculo de unión para todos os veciños de Vilasantar, aberta a calquera suxestión e porta de acceso para todos os visitantes do noso municipio. Benvidos á páxina web do Concello de Vilasantar Fernando Pérez Fernández Alcalde de Vilasantar

 

replicas relojes replicas de relojes
Concello de Vilasantar, © 2010 Todos os dereitos reservados | Aviso Legal | LOPD tfn 981 778 169 fax 981 778 166 mail correo@vilasantar.com